Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para que asociacións e centros culturas pidan as subvencións de Participación Cidadá

RR_Noticias

Ata o próximo 5 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas por actividades das asociacións de veciños, centros culturais parroquiais e federacións veciñais do Concello de Redondela. Estas subvencións pretenden fomentar a realización de actividades nas distintas parroquias de Redondela, e este ano inclúen os gastos derivados das medidas hixiénicas polo covid-19, como a limpeza e desinfección do mobiliario e os locais onde se desenvolvan as actividades.

As bases das subvencións foron publicadas no BOP de Pontevedra o 30 de xullo do 2020, na que se poden consultar os criterios de valoración, e como novidade hai que indicar que serán subvencionables os gastos derivados do cumprimento das medidas hixiénicas establecidas polo covid-19 en relación coa limpeza e desinfección do mobiliario e local no que se desenvolvan as actividades, ata un máximo de 100 euros. Dende a Concellería de Participación Cidadá teñen en conta a situación excepcional vivida neste ano 2020 por mor da pandemia “que afectou gravemente ao desenvolvemento das actividades que se estaban levando a cabo nos distintos centros do municipio”. O departamento que dirixe Susana Couñago quere apoiar ás entidades destinatarias desta subvención “para que poidan levar a cabo as diversas actividades que tanto benefician a toda a veciñanza”. Todas as persoas e entidades que estean interesadas en solicitar a axuda poden consultar a páxina web www.redondela.gal, onde están publicadas as bases e convocatorias, ou no enderezo electrónico participacioncidada@redondela.gal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará