Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ingeniería de Instrumentación y Control, SA. ocuparase do control e vixilancia do encoro de Eiras

RR_Noticias

A Xunta de Galicia adxudicou o contrato a esta empresa para que faga o seguimento da evolución da presa, detecte posibles anomalías e realice as actuacións necesarias para mantela en bo estado. O contrato inclúe un plan de toma de lecturas, a inspección periódica ás instalacións e a elaboración de informes a remitir a Augas de Galicia.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar o servizo de vixilancia da presa de Eiras, xunto coa de Baiona e Con, cun investimento de máis de 200.000 euros. Este contrato, cunha vixencia de dous anos, foi adxudicado á empresa Ingeniería de Instrumentación y Control, SA. O citado servizo enmárcase no mantemento que a Xunta vén realizando nas presas da súa titularidade. O encoro de Eiras, destinadas ao abastecemento de auga potable na bisbarra de Redondela e toda a áreas de Vigo, é de titularidade autonómica. Os datos obtidos na vixilancia das presas permiten facer o seguimento da súa evolución, detectar anomalías no seu comportamento e, no seu caso, poder establecer as actuacións preventivas e correctoras para manter as infraestruturas hidráulicas en bo estado. Os traballos obxecto do contrato incluirán a realización para cada presa dun plan detallado de toma de lecturas en instrumentos de auscultación e en aforadores dos caudais evacuados pola rede de drenaxe. O contrato tamén contempla a análise periódica das lecturas obtidas na auscultación e na inspección dos encoros, que será remitida a Augas de Galicia, así como as visitas e supervisións rutineiras ás presas e ás súas instalacións. A empresa adxudicataria tamén deberá levar a cabo a redacción dun informe final anual recompilando as medicións efectuadas, analizando e comparando os datos obtidos e concluíndo o comportamento e o estado da seguridade da presa. Esta información tamén será trasladada á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará