Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O antigo colexio de Trasmañó será un Centro Comunitario “dinámico e vivo”

RR_Noticias

As instalacións volverán a recuperar a súa utilidade para a cidadanía como Centro Comunitario, segundo anunciou o goberno local. A intención do executivo que preside Digna Rivas é converter estas instalacións nun centro onde asociacións e colectivos poidan desenvolver todo tipo de actividades, con prioridade para as entidades da parroquia.

A propia estrutura do inmoble, segundo explica a alcaldesa, faino “idóneo” para o seu aproveitamento veciñal xa que á amplitude de espazos interiores “engádese unha boa zona exterior que conta, incluso, con pista deportiva”. O Centro Comunitario conta, nos seus dous andares, cun total de cinco aulas, unha delas de grandes dimensións, almacén e tres baños, un deles adaptado. A zona exterior, que será obxecto de traballos de mellora, ten unha ampla zona común e unha pista multideportiva. En vindeiras datas Rivas anunciou que se fará unha xornada de portas abertas “para que veciñas e veciños de Trasmañó poida coñecer con detalle as instalacións, tanto exteriores como interiores, do novo Centro Comunitario”. Segundo a alcaldesa o obxectivo é poñer a disposición da veciñanza unhas instalacións “que contribúan ao desenvolvemento social, cultural e veciñal da parroquia e que sexa o catalizador e dinamizador da súa actividade”. A versatilidade das instalacións permitirán o seu uso para outras actividades puntuais, como poden campamentos de verán como o que, durante este mes de agosto, está a desenvolver a asociación Andaina de Redondela. O Concello cedeulles dúas aulas e espazos comúns durante un mes “para cubrir as necesidades de nenos e nenas con necesidades especiais”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará