Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Golpe ao furtivismo en Arealonga

RR_Noticias

O departamento de Medio Ambiente e a Policía Local incautaron marisco, requisaron aparellos e identificaron a seis persoas por marisqueo ilegal na praia de Arealonga, en Chapela. O Concello advirte que esta actividade “supón un risco para a saúde pública, ademais de prexudicar a actividade económica das traballadoras do mar”.

Dentro das actividades de control medio ambiental no medio natural en Redondela, o Concello vén de implantar o control e vixilancia periódico das actividades que realizan usuarios e furtivos nos bancos marisqueiros que se encontran nas praias do municipio. Nas dúas primeiras operacións programadas polo departamento de Medio Ambiente logrouse identificar a seis infractores, incautar un angazo e bolsas con marisco que estaban agochadas debaixo de táboas, pedras ou algas. O marisco incautado foi devolto ao mar polos axentes e membros do departamento de Medio Ambiente que realizaron o seguimento da actuación. Agora procederase á apertura de expediente ás persoas identificadas, e estudarase a imposición das medidas disciplinarias que permita a normativa legal. O goberno local advirte que o furtivismo supón un perigo para a saúde pública, xa que o marisco acaba “no mercado negro” en grandes cantidades “sen ningún tipo de control sanitario”. Advirten que no caso de Arealonga, o marisco que se extrae neste areal “debe ser depurado para o seu consumo”. Por outra bando aqueles que o retiran para o autoconsumo “poñen en risco a súa saúde e a dos seus familiares”. Ademais esta actividade “fóra da legalidade” están prexudicando a estabilidade económica das traballadoras do mar “que día a día se esforzan para ter un sustento no litoral de Redondela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará