Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello deixa de retirar a totalidade das algas para evitar a perda de area

RR_Noticias

A decisión da Concellería de Medio Ambiente de realizar unha retirada parcial das algas que chegan as praias de Cesantes e Arealonga está a provocar as queixas de moitos veciños e bañistas. Con todo, o edil de Medio Ambiente, Roberto Villar insiste en que “as algas non son lixo e que a súa retirada prexudica ao medioambiente e a actividade económica”. Reafírmase na decisión do seu departamento “é unha medida beneficiosa que contribúe a combater a erosión do litoral e a perda de area e favorece a recuperación da vida animal que habita nas praias, de feito estamos vendo como regresan as pulgas de mar que levaban anos desaparecidas deste areal”.

O goberno local decidiu este ano modificar a retirada de algas que tradicionalmente se facía de xeito diario e que perseguía manter os areais libres destes depósitos vexetais. Avalados por estudos científicos, o departamento de Medio Ambiente, decidiu modificar o sistema de retirada que pasa a realizarse alternativamente por zonas, establecendo ademais  dúas xornadas de descanso ecolóxico. Iso tradúcese en que tanto a praia de Arealonga, pero sobre todo a de Cesantes, presente a súa area cuberta de algas. Algo que non gusta aos seus usuarios e que está a provocar numerosas críticas. Con todo, Roberto Villar insiste en que non se trata dunha decisión improvisada ou caprichosa, senón baseada en traballos universitarios que evidencian o importante papel destas algas para evitar a perda de area, un fenómeno que é evidente en Cesantes “unha vez extraída da praia, o 80% do peso total procede da area que se retira xunto coas algas”. Ademais ese manto vexetal evita a erosión. Engade tamén o edil os beneficios que estas algas supoñen para avida mariña, xa que os animais que alí aniñan son tamén fonte de alimento para aves e peixes.
Insisten por outro banda en que o lixo está a retirarse: vidros, cabichas, plásticos e todo tipo de material que chega a praia da man do home. Neste sentido fai un chamamento ante a proliferación nos últimos tempos das máscaras para que todo o mundo as retira e sexa coidadoso co seu uso, xa que ademais de supoñer un desperdicio máis que acaba no mar supoñen tamén un risco para os operarios que traballan no servizo de limpeza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará