Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local explica en Vilar os detalles da reforma do último treito da estrada do Galleiro

RR_Noticias

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada por concelleiras e concelleiros do equipo de Goberno manterá unha xuntanza coas veciñas e veciños da parroquia de Vilar de Infesta este venres, 31 de xullo, ás 19 horas no Centro Cultural de Vilar.

Na reunión, o Goberno local explicará con detalle as obras que se realizarán para a reforma do último treito da EP-2906 -estrada do Galleiro-, entre Os Valos e Guizán.
Esta reunión era un compromiso do equipo de Goberno para que, a través de infografías e documentación gráficas, as veciñas e os veciños poidan ver in situ como quedará a obra unha executada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará