Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Feira do Libro en Redondela arranca hoxe con cinco casetas, descontos e sinatura de libros

RR_Noticias

O redondelán Manuel Puga Pereira será o encargado de ler o pregón nun acto de inauguración que terá lugar esta tarde ás 19:30 horas na Alameda e no que participará tamén o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo. As librerías Moliere, La Imprenta, Pedreira, Aenea e Cortizas ofrecerán os seus libros cun 10% de desconto o xoves e venres en horario  de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas e na fin de semana de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas.

Baixo o lema “Non contaxian pero enganchan”, la Feria do Libro de Redondela inaugura hoxe xoves unha edición marcada polo coronavirus pero que non desanimou ás librerías a sacar os seus exemplares a rúa para animar as vendas. Cinco librerías que ofrecerán un desconto dun 10% nas compras e que contarán con once escritores que asinarán os seus libros de xeito seguro.
O pregón terá lugar as 19:30 horas de hoxe e correrá a cargo do redondelán Manuel Puga Pereira, presidente da Fundación Penzol e autor entre outros libros do título A Redondela de 1669 na acuarela de Pier Maria Baldi da Editorial galaxia.
Unha Feira que se celebra nun ano especialmente complicado para as librerías que arrastran tamén as consecuencias do parón económico provocado polo coronavirus. Feiras que buscan dar a oportunidade aos libreiros a reactivar o sector a animar aos cidadáns a consumir cultura.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará