Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A esquerda gaña en Redondela malia ser o PP o partido máis votado

RR_Noticias

O xa coñecido como efecto Pontón ten tamén a súa repercusión en Redondela, localidade na que o BNG supera con moito os resultados obtidos hai catro anos, pasando de 1.273 votos a un total de 4.085. O PSOE mantense ou incluso acada algún apoio mais con 3.999 papeletas, 389 máis que no 2016. O PP volve ser a forza máis votada con 5.035 votos, malia perder o apoio de 552 votantes. Uns comicios marcados na nosa localidade pola alta abstención, xa que votaron tan só o 59,51% dos electores, seis puntos por baixo da participación das últimas eleccións galegas.

Cunha porcentaxe de voto practicamente idéntica, en torno ao 28%, a suma de BNG e PSOE acadaría no noso concello o apoio do 56% do electorado, fronte ao 34,83 dos apoios que recibe o partido máis votado, o PP. Podemos foi a candidatura elixida polo 5% dos votantes, con 721 papeletas mentres que Vox logra 210 votos. O restos das formacións (Ciudadanos, En Marea) reciben apoios residuais sumando en torno a cen votos cada un en todo o municipio.
Sorprende o repunte do Bloque que logra facerse con boa parte dos votos que hai catro anos lograra En Marea e suma 2.814 votos máis, pasando de 1.273 a 4.085, apoios que sitúan a esta formación como segunda forza política en Redondela dando tamén o sorpasso aos socialistas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará