Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A poeta Carolina Sertal organiza un paseo literario polas rúas da vila

RR_Noticias

A actividade desenvolverase o sábado 18 de xullo co obxecto de presentar o poemario Anguria publicado no pasado mes de febreiro. Sertal explica que coa pandemia non houbo marxe para realizar unha presentación e decide agora organizar este actividade alternativa, ao aire libre e na que se garantirán todas as medidas de seguridade. Consistirá nun percorrido de 2,1 quilómetros polas rúas de Redondela, con saída ás 11.30 horas da Praza de Ponteareas, en Vilavella.

Durante o paseo a autora abordará diferentes aspectos do poemario, intercalando pequenos recitais, curiosidades sobre os lugares da vila que a inspiraron e tratando tamén temas que están moi presentes nos seus poemas como a saúde mental, o feminismo, a literatura, a arte urbana, etc.
O prazo de inscrición xa está aberto e as persoas interesadas poden reservar a súa praza enviando un correo electrónico a carolina.sertal@gmail.com. As prazas están limitadas a 20 persoas e será obrigatorio o uso de máscara.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará