Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior xestiona integrar a liña de autobús a Citroen no transporte metropolitano

RR_Noticias

A medida xorde tras unha reunión entre o alcalde, Agustín Reguera, e os traballadores tanto da factoría de Balaídos como doutras empresas auxiliares que demandan esta medida que abarataría o custo do traxecto e permitiría aos usuarios abonar só as viaxes que realicen.

Actualmente varias decenas de veciños do Concello de Soutomaior desprázanse a diario para traballar na factoría de Citroën en Vigo. Para iso contan cun servizo discrecional de transporte que os propios traballadores custean mediante unha tarifa mensual, que abonan independentemente do uso que fagan do servizo.
Tras reunirse co alcalde, a solución proposta polo goberno local é a integración desta liña, xestionada por Autos Arcade, no transporte metropolitano subvencionado pola Xunta de Galicia. Así, os traballadores poderían facer uso desta liña por un prezo máis reducido e abonando só o custo das viaxes que realicen.
Desde o Concello xa se remitiu un escrito á xerencia da empresa para instala a presentar a solicitude de integración e xa se solicitou unha reunión cos representantes da Xunta de Galicia para explicar a situación e a conveniencia da integración para os veciños.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará