Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello intensificará os controis para garantir o cumprimento das medidas contra o Covid-19

RR_Noticias

O Executivo local intensificará os controis e vixilancia para evitar aglomeracións nos locais de hostalería (terrazas, bares, cafeterías, furanchos e restaurantes) e recalca a obrigatoriedade de utilizar máscaras de protección no interior dos establecementos. O Concello xa trasladou a todos eles unha comunicación na que lembra as normas sanitarias que deben adoptar fronte á COVID-19 “é que son de obrigado cumprimento”.

Redondela porá en marcha “todas aquelas medidas que, dentro das competencias municipais”, contribúan ao cumprimento das normas de prevención da COVID-19. Nese sentido, a concelleira de Urbanismo e Facenda, María Castro Abad, lembra tamén a normativa municipal que deben cumprir as terrazas, respectando o espazo público coa obriga de deixar lugar para a total accesibilidade dos peóns”. Do mesmo xeito, “só poderán ter na terraza as mesas que vaian usar e non utilizar as rúas e prazas como lugar de almacenamento privado”. Finalmente, subliña a obriga de utilizar máscara de protección non interior dos establecementos “tanto os empregados e empregadas como a clientela”.
Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas apela, unha vez máis “á responsabilidade individual da veciñanza nun momento delicado no que comezan a xurdir rebrotes da COVID-19”. A alcaldesa lembra que a utilización de máscaras, manter distancia de seguridade ou evitar aglomeracións, “son as únicas armas que a cidadanía ten ao seu alcance para evitar contaxios e unha volta atrás que tería consecuencias catastróficas”.
Rivas asegura que o Concello “utilizará, dentro das súas competencias, todos os medios de cara a asegurar o estrito cumprimento das normas “porque o único xeito de garantir a saúde dos nosos veciños e veciñas”. O confinamento ao que está sometido nestes momentos A Mariña lucense “ten que servirnos como toque de atención e lembrarnos que isto non pasou, senón que é unha realidade coa que temos que aprender a convivir e, nesa realidade, a nosa responsabilidade persoal é a mellor arma”.
Cómpre salientar que o Real decreto lei 21/2020 do 9 de xuño, establece expresamente a obrigatoriedade do uso se máscaras “cando se transite pola vía pública e en espazos ao aire libre e, pola concorrencia doutras persoas, non se poida garantir en todo momento -atendidos o número de persoas e as dimensións do lugar- o mantemento da distancia de seguridade”.
Nos establecementos de hostalería, o uso da máscara é obrigatorio cando se entra ou se sae ou se está de pe no interior coa excepción “en que unha vez sentados se adopte por parte do titular do espazo medidas que garantan, en todo momento, o mantemento da seguridade da distancia interpersoal entre as persoas usuarias”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará