Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido de verán cancélase polo coronavirus

RR_Noticias

O Concello entende que a cancelación é a única opción xa que ao tratarse dun macorevento que reúne a milleiros de persoas sería moi complicado aplicar a normativa do goberno en materia de seguridade. Cae así o Entroido do verán da programación festiva de agosto do mesmo xeito que o Berete Rock, cuxos organizadores xa acordaron suspender os concertos previstos para esta edición en Chapela.

O Entroido de Verán, que debería celebrar o vindeiro 22 de agosto a súa vixésimo terceira edición, posponse ao ano que vén. Dende o goberno local entenden que non se dan as condicións necesarias para celebrar un evento que congrega a milleiros de persoas no centro da vila.  “Atendendo a normativa do goberno e a responsablidade que a administración debe ter cos veciños e veciñas” en palabras da alcaldesa, Digna Rivas, entenden que a única opción posible e cancelar este evento.
Unha confirmación que chega logo de que tamén os organizadores do Berete Rock renunciaran a organizar este festival, que se celebra en agosto na praia de Arealonga.
A organización explica que tras valorar “conxuntamente coas autoridades sanitarias e o concello todas as opcións posibles para poder levar a cabo os concertos” decidiron suspender o evento “pensando na saúde e benestar da gran familia que ano tras ano forma o Berete Rock”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará