Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os centros educativos denuncian a falta de medidas para afrontar o novo curso escolar

RR_Noticias

Apoiados polas Asociacións de pais e nais, o equipos directivos dos IES de Chapela, Illa San Simón, Mendiño e Pedro Floriani así como do resto de centros educativos esixen que dende a Consellería de Ensino se adopten medidas para encarar o curso 2020-2021. Entenden que para retomar a actividade presencial que se viu interrompida catro meses atrás pola pandemia coa imprescindible seguridade sanitaria é preciso que se reduza o ratio de alumnos en clase e se dote aos centros de máis persoal e recursos.

Neste sentido, os centros esixen a redución do número do alumnado por grupo e curso de forma que se poida garantir en todo momento a distancia mínima de seguridade de 1,5 metros entre persoas e de un metros entre as mesas do alumnado (algo que lembran non se pode garantir cos parámetros actuais que establecen un ratio de 30 alumnos por clases na ESO e de 33 no Bacharelato). Reclaman tamén a dotación de material suficiente para a realización das clases con total seguridade proporcionando máis fondos ao centro para a adquisición de máscaras hixiénicas, equipos de protección individual, xeles hidroalcohólicos así como dotación de equipos informáticos e outros recursos tanto para o persoal como para o alumnado e familias que o precisen.
Outras das medidas que ven imprescindible é a dotación de persoas e infraestruturas e a implementación de medidas pedagóxicas e organizativas para unha óptima planificación do vindeiro curso “que deberán ser acordadas e negociadas coa comunidade educativa”.
Lembran tanto dende os Centros como dende as ANPAs que non adoptar medidas que permitan adaptar o sistema público de ensino á nova situación significa “recortar e limitar as posibilidade de educacións dos alumnos” e insisten en que non se pode aceptar que a Administración organice o vindeiro cursos “como se nada tivese acontecidos nestes tres últimos meses e como se non estiveramos en risco dun novo agravamento da pandemia”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará