Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco reforza a primeira liña coa chegada do dianteiro guineano Nelson Jaló Ramos

RR_Noticias

O xogador chega procedente do AD Limianos, equipo portugués da División Districtal. No equipo xuvenil tamén se incorpora Miguel Román, procedente do Rápido de Bouzas, quen chega a Redondela con gañas de facer un bo curso ligueiro no que será a súa primeira experiencia en División de Honra.

O CD Choco presenta á primeira fichaxe da tempada; Nelson Jaló Ramos, un dianteiro guineano que ven a reforzar a primeira liña do equipo choqueiro. Procedente do AD Limianos, o xoven xogador non era descoñecido para Gonza xa que estivo adestrando a pasada tempada co equipo xuvenil de Alberto Suárez e co equipo Sénior nalgunha ocasión tamén.
O xogador guineano aínda non leva nin dúas semanas en Galicia e xa nos asegura que “estou adaptado á vida en Redondela, vila que me gusta moito”. Pero aínda lle queda adaptarse ao vestiario co que compartirá a súa primeira experiencia na Terceira galega, pero é optimista e non dubida en “facerme pronto un oco no equipo” .
Incorporación no equipo xuvenil
Miguel Román, procedente do Rápido de Bouzas, chega a Redondela na súa primeira experiencia en División de Honra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará