Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os centros de día poderán abrir a partir do 15 de xullo

RR_Noticias

A plataforma de Centros de Día confirmou a decisión da Consellería de Política Social logo dunha reunión mantida na mañá de hoxe. O goberno galego da así marcha atrás logo de acordar inicialmente non abrir este tipo de centros ata o mes de setembro. A apertura será gradual, garantido en todo momento a aplicación dun protocolo de actuación que busca garantir a seguridade de usuarios e traballadores tanto no transporte como nos centros e nas actividades.

O director do Centro os Cortizos de Redondela, Pedro Pérez amosa a súa satisfacción por unha apertura longamente demandada e que beneficia as familias e aos propios maiores e que contempla tres etapas acollendo na primeira ao 50% dos usuarios, na segunda o 75% ata chegar a etapa final na que se atenderá a totalidade dos usuarios.
Unha apertura que se realizará con todas as medidas sanitarias precisas para garantir a seguridade das persoas, como a medición da temperatura, o uso de máscaras de protección e a disponibilidade de equipos de protección (EPIs). De feito os profesionais que traballan nestes centros xa recibiron a formación necesaria para afrontar esta nova etapa con todas as garantías.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará