Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación en Soutomaior contra os recortes e o desmantelamento da sanidade pública

RR_Noticias

O BNG alerta de que o Sergas non cubre as vacacións dos médicos e reduce á metade a atención sanitaria do municipio. Ante esta situación convocan unha manifestación o domingo día 5 en defensa da sanidade pública para dar resposta ao que cualifican de “nova humillación cara a veciñanza da localidade”.

O Sergas acaba de levar adiante un novo recorte na sanidade pública de Soutomaior. Así o denuncian dende o BNG, “malia que o municipio padece dende hai xa varios anos un desmantelamento constante da sanidade pública, a Xunta de Galicia quixo ir un paso máis alá nestes días para, tal e como denuncian representantes dos traballadores, deixar a sanidade do Soutomaior nunha situación límite”.
Esta situación prodúcese despois de que o SERGAS impoña uns cupos sanitarios tan elevados que provocan colapsos continuos na atención primaria; non cubra as baixas de médicos, enfermeiras, nin pediatras ou manteña pechado o consultorio de Soutomaior, obrigando aos veciños a pagar taxis para recibir atención sanitaria.
Esta situación, que xa motivou varias manifestacións da veciñanza, viuse agravada despois de que o SERGAS pechase tamén ao consultorio de Romariz e ademais decidise recortar tamén nos médicos de Arcade suplindo a baixa dun dos facultativos con profesionais dos PAC´s que só poden atender á veciñanza 4 horas ao día.
“Pero por se todo isto non fose dabondo, nestes días, a Xunta de Galicia decidiu que non ía tampouco cubrir as vacacións doutro dos médicos o que empezou a provocar problemas e tensións na atención sanitaria dende o primeiro día” conclúe a nota do BNG quen convoca aos veciños a se mobilizar o vindeiro domingo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará