Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campamento naútico en Chapela con diversión para os nenos e todas as medidas de seguridade

RR_Noticias

O Círculo Cultural e Recreativo de Chapela pon en marcha o seu tradicional campamento náutico para nenos nos meses de xullo e agosto. É a oitava edición dunha actividade que favorece a conciliación familiar e laboral de moitos veciños. E este ano, por mor da crise sanitaria, faise “máis necesario ca nunca” para as familias. Por iso desde o Círculo fixeron “un esforzo especial” para sacalo adiante “con todas as medidas de seguridade que esixe a normativa”.

O presidente da entidade, Emilio Sánchez, sinala que se trata dun campamento “moi desexado e agardado” pola veciñanza, e que permitirá a conciliación das familias e tamén “un respiro” para os nenos que estaban desexando “poder sair e facer actividades ao aire libre despois de tanto tempo confinados”. A crise sanitaria da COVID-19 obriga aos organizadores a extremar as medidas hixiénico-sanitarias. Sánchez Santorio explica que se toman todas as medidas de seguridade que esixen os protocolos, como a medición da temperatura dos participantes, o uso de máscara á entrada e saída, e a desinfecciónde todo o material deportivo que utilizan. As actividades comezan o mércores, 1 de xullo, e rematarán o 30 de agosto. Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos de idade que poderán practicar windsurf, vela, kaiak ou paddle surf, entre outros deportes. Ata o de agora o ritmo de reservas é similar ao de outros anos. Contan xa con 40 rapaces inscritos, dun total de 50 prazas dispoñibles. O horario das actividades é de 9.00 a 14.00 horas, e pode contratarse tamén o servizo de almorzo para “madrugadores” de 8.00 a 9.00 horas, e o de comedor, de 14.00 a 16.00 horas. Os prezos das actividades varían desde os 13 euros para días soltos, arta 65 euros por semana, 105 por quincena ou 160 euros o mes enteiro. Establécense descontos para socios e tamén rebaixas no caso de irmáns.
Suspensión de festivais e eventos en xullo
A situación sanitaria derivada da COVID-19 si obrigou ao Círculo a cancelar outras actividades previstas para o mes de xullo. É o caso do Festival de Corais e Habaneras así como a Festa da navalla, eventos previstos para os días 4 e 5 de xullo. Tamén renunciaron a celebrar as Festas do Carmen, de cuxa organziación se fixeran cargo desde esta entidade o ano pasado. A participación de persoas de idade avanzada nestes actos, principal poboación de risco, levou á directiva do Círculo a suspendelos. Desde o Círculo confían en poder recuperar a súa axenda festiva no mes de agosto, se a situación sanitaria o permite. Están a organizar dúas excursións, ás illas Cíes e a Ons, e tamén as festas do Mexillón e a Sardiña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará