Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela recoñece a labor dos axentes que “evitaron unha traxedia na AP-9”

RR_Noticias

O suceso tivo lugar na tarde do pasado domingo, cando unha patrulla da Policía Local interceptou un vehículo que entrou na AP9 en sentido contrario. A alcaldesa, Digna Rivas, destacou a súa labor nesta intervención para evitar o que podía ter sido unha catástrofe “sen pensar en que poñían en risco a súa vida”.

Eran as 17.30 horas do domingo cando estes axentes evitaron o que puido ter sido unha desgraza. Os feitos aconteceron na zona de Pousadoura, en Chapela, cando os axentes que circulaban detrás dun turismo viron como o vehiculo entraba en sentido contrario na autoestrada AP-9. Foi unha “sorte” que a patrulla estive así, como explica un dos axentes, o que lles permitiu seguilos cos dispositivos acústicos e luminosos do coche policial e darlle o alto para evitar que continuara circuando pola autoestrada en sentido contrario. Os ocupantes do coche eran unha parella de avanzada idade que se dirixía ao Berbés, na cidade de Vigo e que, por erro, se introduciu ao revés pola AP-9. Todo aconteceu en cuestión de segundos, nunha xornada de moito tráfico na autoestrada. No acto de recolecemento participaron, xunto coa a alcaldesa, o concelleiro de Interior, Leonardo Cabaleiro, e o Xefe da Policía Local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará