Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Valentina Jaen, Hugo Ballesteros e Ricardo Santos gañadores do I Concurso de Poesía Visual de Chapela

RR_Noticias

A entrega dos premios tivo lugar no Multiúsos do Pieñeiral en Chapela e serve para recoñecer o bo traballo dos alumnos que participaron desta iniciativa impulsada polo poeta David Fernández Rivera froito dos talleres de poesía visual que impartiu neste curso escolar nos centros educativos de Chapela.

Valentina Jaen coa obra Aínda que non o pareza a luz segue brillando, acadaba o primeiro premio; Hugo Ballesteros con Choiva de palabras facíase merecedor do segundo premio mentres que o terceiro era para Ricardo Santos coa obra A Fronteira. Valentina Jaén, como gañadora do certame, recibía un trofeo que consistiu nun poema visual de David Fernández Rivera construído en metacrilato especialmente para a ocasión.
A actividade, que partía dunha iniciativa conxunta das Concellerías de Cultura e de Ensino, foi ben acollida polo CEIP Alexandre Bóveda e o CEIP de Laredo, cuxos alumnos demostraron cos seus poemas os coñecementos adquiridos nos talleres de poesía visual.
No acto de entrega dos galardóns participaron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros; o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, amais do propio Fernández Rivera.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará