Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

200 persoas asisten a estrea mundial de María Solinha en Redondela

RR_Noticias

A película proxectarase por primeira vez este venres na Alameda Castelao nun espazo acotado para o evento e ao que asistirá un público reducido atendendo á necesidade de respectar as normas sanitarias establecidas polo coronavirus. Con todo, non faltará a alfombra vermella, o photocall e a presenza das actrices protagonistas, Grial Montes e Laura Míguez así como o director, Ignacio Vilar e o resto do elenco. María Solinha estará o sábado en Cangas e nas vindeiras semanas percorrerá máis dun cento de concellos con proxeccións en autocines e espazos abertos.

A pandemia obrigaba a pospoñer e reinventar a estrea da sétima película de Ignacio Vilar que estaba previsto chegase as salas de cine xa no pasado mes de maio. Unha estrea que finalmente terá lugar este venres en Redondela ao aire libre e respectando as medidas sanitarias pertinentes, cun aforo limitado a 200 persoas e cadeiras separadas para manter a distancia social. Unha premier que esperta un interese especial no noso concello, lugar no que se realizou boa parte da rodaxe, xunto con escenarios de Cangas, e cuxos veciños participaron activamente como figurantes. O sábado poderá verse no concello do Morrazo e seguiranlle localidades como Verín, A Fonsagrada, Trives ou Lubián en Zamora. Cando as salas de cine estean funcionando con normalidade poderemos ver tamén este filme en espazos pechados.
Nesta película Vilar recupera a figura de María Solinha, canguesa que foi acusada de bruxería pola inquisición o que lle custaría a vida. Movéndose entre principios do século XVII e o século XXI reflexiona tamén sobre a igualdade e o mal, introducindo así a figura da Coca de Redondela.
A estrea contará coa presenza das actrices protagonistas, Grial Montes e Laura Míguez, así como outros destacados integrantes do elenco, como Antonio Durán “Morris”, Mabel Rivera e Santi Prego e o propio director da cinta quen adiantou que a película xa antes de ser estreada ven de ser seleccionada para a sección oficial “dun certame de cine en Italia”. O director da Esmorga prefire no dar máis datos á espera de que o propio Festival o faga público.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará