Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito F.S. abre a inscrición para a nova temporada

RR_Noticias

Despois dun gran ano das categorías inferiores a nivel deportivo, malia o paro forzoso pola crise da Covid-19, desde o club de Chapela abren o prazo de inscrición para a tempada 20/21. Na presente campaña acadaron o ascenso a División de Honra do equipo Cadete.

O Campito de Chapela quere seguir medrando. Actualmente son 165 os xogadores e xogadoras que forman parte dos seus equipos, desde os prebenxamíns ata a categoría xuvenil. O presidente do club, Iago Fernández, salienta a boa temporada dos equipos da base. Ademais do ascenso do equipo cadete a División de Honra, que xa é oficial, no club agardan a que se actualicen tamén as clasificacións das categorías base femininas. As rapazas do Campito Infantil e Cadete Galega non perderan ningún partido cando se suspendeu a competición, e serán campioas das súas respectivas ligas. Tamén o equipo Infantil masculono se proclamará por segundo ano consecutivo campión na liga Galicia Sur. No club agardan poder despedir esta temporada tan “atípica” cos seus xogadores, e confían en que neste mes de xuño ou xullo poidan reunirse. Explica Iago Fernández que levan tres meses na casa sen adestrar cos seus compañeiros “e todos queren verse”. Agora teñen aberto o prazo de inscrición para novas incorporacións, a partir dos 5 anos de idade. Os interesados poden informarse nos teléfonos 630 725 266 ou 696 617 312.
Preferente Sur
No caso do equipo sénior, que estaba 5º na Preferente cando se suspendeu a liga, Fernández explica que están pendentes dun posible ascenso. Todo vai depender do que pase cos equipos que remataron por diante (As Neves, Lume Corbatas, Coperfi Cereixa Gondomar e Redondela Maramar) e aínda queda por xogar un “play-off”. No club terán que agardar aínda unha semanas para ver o que acontece e preparar a próxima temporada en función da categoría na que xoguen. No caso de que se materice o ascenso, o presidente explica que crearían tamén un equipo senior filial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará