Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén desinfecta as Igrexas do municipio ante o incio da celebración das misas

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén, coincidindo co retorno da celebración de oficios relixiosos, comezou a realizar tarefas de desinfección nas igrexas de todas as parroquias do municipio. A iniciativa pretende incrementar a seguridade nestes espazos, que tradicionalmente serven de punto de encontro veciñal, polo menos até a “nova normalidade”.

As tarefas de desinfección no exterior dos templos realízanse mediante a aplicación de auga xabonosa, xa que se trata de bens culturais sobre os que non se poden aplicar produtos químicos. No interior dos templos a limpeza realízase de dúas formas. Primeiro de maneira manual aplicando desinfectante sobre os elementos de uso comúns, como os bancos e pasamáns, e a continuación coa instalación dun equipo de ozono para garantir a desinfección mesmo dos puntos menos accesibles e a gran altura. As tarefas de desinfección están a realizarse por unha empresa especializada de maneira periódica. A estes traballos hai que engadir varias iniciativas persoais, como a limpeza realizada por varios veciños na igrexa de Amoedo, e de membros do goberno local, na parroquia de Cepeda, que tamén están desinfectando os templos para asegurarse que reducen ao máximo posible o tempo entre cada limpeza. A medida, segundo destacou o alcalde Andrés Iglesias, pretende aumentar a seguridade dos veciños que, tras meses sen poder asistir “demandan poder volver aos templos en plenas condicións de seguridade”. Trátase na maioría dos casos de veciños de idade avanzada, son un grupo de maior risco “e por iso é necesario extremar as precaucións”, explica o alcalde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará