Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alertan do risco de desaparición de restos arqueolóxicos de construírse un parque eólico en Pazos

RR_Noticias

O BNG critica a desinformación sobre os efectos que tería sobre os elementos arqueolóxicos existentes na zona de Pazos de Borbén a creación dun parque eólico. Lembran que a Xunta reactivou a tramitación administrativa deste proxecto que prevé a construción dun parque eólico que ocuparía gran parte do Monte Buxel, Galleiro, Alto da Serra e Monte da Serra e que estaría composto nun inicio por dez aeroxeradores, unha torre meteorolóxica  e  unha  subestación  eléctrica o que provocará “un gran impacto visual e ecolóxico nunha zona xa de por si moi maltratada polo oleoduto, gasoduto e diferentes liñas de alta tensión”.

Desde a organización nacionalista destacan que estes montes teñen un alto valor arqueolóxico  cunha  das  maiores  densidades  do  país. Atópanse alí silos, mámoas,  petróglifos  e  un  asentamento  humano  anterior  aos  castros,  catalogados nunha mínima parte pola Xunta.  O responsábel local do Bloque, Xurxo P. Besadío manifesta que “coa instalación de varios  elementos  do parque eólico no entorno do Monte Buxel, o noso patrimonio arqueolóxico desaparecerá. Estamos a favor das enerxías renovables, mais non a calquera custo”.
Critican o que definen como “política de nocturnidade e aleivosía” por parte da Xunta ao ocultar este tipo de proxectos “que non corresponden ao interese xeral, nin son esenciais”. Plans como este tramítanse as costas dos intereses das veciñas e veciños, onde o PP de Andrés Iglesias xoga un papel importante ocultando información á veciñanza. Conclúe o BNG criticando a  falta de información ás comunidades de montes, xa que son as primeiras afectadas e a día de hoxe non teñen constancia da solicitude deste parque eólico, nin pola Xunta nin polo Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará