Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nosatun Pesca doa 9.600 latas de atún para o seu reparto en Redondela

RR_Noticias

O Concello de Redondela vén de recibir unha doazón por parte da empresa Nosatun Pesca S.L, radicada no noso municipio. Unha entrega desinteresada que é recibida con agradecemento por parte da administración local xa que se trata dun produto que será posteriormente distribuído entre aqueles que o necesiten.

Unha acción “solidaria e altruista” desta empresa que entregou a través do seu director-xerente David García un total de 9.600 latas de conserva de atún. Un xesto que “amosa a súa preocupación ante unha posible situación de precariedade pola que puideran estar a pasar familias da nosa vila a consecuencia da nova realidade social derivada da crise sanitaria internacional polo COVID-19” segundo explican dende o Concello.
Especialmente agradecidos amósanse dende a Concellería de Servizos Sociais que lembran “as administracións públicas deben ofrecer e garantir á cidadanía uns servizos esenciais axeitados as súas demandas a través dun sistema público de servizos sociais traballando sempre en rede e en colaboración con todas aquelas entidades de iniciativa social que, como acontece no Concello de Redondela, contribúen a dar cobertura ás necesidades fundamentais de moitas persoas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará