Hoxe é Domingo 25 de Outubro de 2020

As bibliotecas reabren as súas portas

RR_Noticias

Son moitos os que desexan volver a estas instalación para facer uso dos seus libros, aínda que polo de agora será con restricións para garantir a seguridade sanitaria: só servizo de préstamo e devolución e sen acceso directo á colección, polo que as obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da biblioteca. Ademais só poderá permanecer no interior das salas unha persoa.

“O máis difícil é acostumarse a que os usuarios non poden tocar os libros” explica Mª José Villar, dende a Biblioteca de Chapela. Trátase dunha medida máis encamiñada a garantir que as bibliotecas son espazos seguros e que so usuarios poden facer uso dos seus préstamos sen preocuparse porque os libros poidan estar contaminados. De feito, cada documento devolto deberá pasar unha corentena de 14 días “tempo máis que suficiente para garantir a eliminación do coronavirus”.
Unha medida que se completa co uso de xel hidroacohólico por parte dos usuarios que acceden a instalación e máscaras de protección ao tratarse dun espazo pechado. O propio persoal tamén atende convintemente protexido detrás das mamparas instaladas nos mostradores das salas.
Un persoal que quere axudar a que ninguén quede sen ler polo que animan aos usuarios a facer as súas petición vía correo electrónico ( bibliotecaredondela@redondela.gal bliotecachapela@redondela.gal ) para ter a entrega preparada en canto accedan á biblioteca. Tamén para facilitar a elección do libro desexado, pódese acceder ao catálogo das bibliotecas e ás listas de novidades destes últimos trimestres.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *