Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Antonia Rubín: “Botei moito de menos ás miñas amigas”

RR_Noticias

Esta veciña de Redondela de 86 anos de idade pasou o confinamento na casa dunha filla na que reside dende uns anos cunha filla. Ese apoio familiar serviulle para superar este difícil período con tranquilidade e seguridade. Con todo, non poder visitar as súas amigas en Redondela coas que mantén unha estreita relación fíxoselle un pouco custa arriba.

Como tantas persoas maiores, esta usuaria da Cruz Vermella afrontou o peche na casa con serenidade “sen saír, facendo un pouco de deporte, calcetando e lendo Fariña”. Asegura que non sentiu medo ante o coronavirus “en ningún momento pensei en que podía caer enferma, sobre todo porque na casa fomos moi prudente, sobre todo a miña filla que desinfectaba todo”. Tamén ela recoñece que segue as pautas sanitaria con rigor “levo a máscara todo o tempo cando saio, aínda que non me gusta nada”.
Confía en volver a normalidade canto antes e retomar a súa vida da que forman parte indispensable as súas amigas. “o que máis me apetece é marchar a Redondela e volver a pasar a fin de semana en casa de Maruja” di facendo referencia a unha íntima amiga.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará