Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xuvenil do C.D. Choco xa é equipo de División de Honra

RR_Noticias

Por primeira vez na historia do club redondelán, o equipo ascende á máxima categoría da liga española do fútbol xuvenil. A decisión da Federación, que dá por rematada a temporada, leva ao equipo redondelán a acadar o obxectivo, xa que se atopaba en postos de ascenso directo cando se suspendeu a competición o pasado mes de marzo.

Unha moi boa nova para o club, que desde hai anos pelexaba por este ascenso, e que se materializa nunha temporada “especialmente boa para a canteira do C.D.Choco”, como apunta o presidente do club, Iván Crespo. Nesta temporada atípica, que se suspendeu por mor da crise sanitaria da COVID-19, o club redondelán non tiña ningún equipo en risco de descenso, e si varios con moitas opcións de acadar o ascenso de categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará