Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello acorda coa Deputación a mellora da seguridade viaira na estrada do Galleiro

RR_Noticias

O pleno ordinario que hoxe as 20.00 celebrará a coporación de Redondela de xeito telemático vai tratar, entre outros asuntos, o convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra para as obras de “ensanche e mellora da seguridade viaira” na estrada provincial que une os Valos e Guizán.

Trátase dun tramo duns 700 metros entre os puntos quilométricos 180 e 920. Hai xa seis anos que a Deputación de Pontevedra reformou parte deste vial, a estrada do Galleiro, e as obras do tramo pendente realizaranse este ano, segundo o convenio que está previsto se aprobe hoxe no pleno ordinario. Na primeira das fases dotouse de beirarrúas ao vial, e na segunda está prevista a construción dunha senda peonil nunha das marxes da estrada provincial. O acordo coa Deputación inclúe tamén a cesión ao Concello da avenida de San Telmo, na baixada a Arealonga en Chapela, e a rúa Catapeixe en Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará