Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Golpe a unha banda albanesa que cometeu roubos en vivendas de Redondela e Vigo

RR_Noticias

A Policía Nacional esclarece 17 roubos con forza, cometidos por unha organización criminal albanesa en vivendas de Redondela e Vigo. Para os asaltos, seleccionaban as vivendas previamente, para despois acceder a elas a última hora da tarde ou primeira da noite. Alta xoiaría, diñeiro en efectivo, electrónica, e pezas de arte formaban parte do seu botín.

Esta organización criminal é responsable da gran maioría de roubos cometidos durante os meses de xaneiro e febreiro en vivendas da contorna de Redondela, e tamén en Saiáns, San Miguel e Canido. A presión policial en Vigo e o cruzamento de datos entre a Policía Nacional e a Garda Civil, permitiu localizar a súa base de operacións na Estrada, onde se detivo ao seu máximo responsable. En todos os asaltos marcaban previamente diversas vivendas como futuros obxectivos, para posteriormente forzar os accesos daquelas que a última hora da tarde ou primeira da noite estaban baleiras. Unha vez dentro levaban caixas fortes, pezas de alta xoiaría, así como reloxos, pezas de arte, diñeiro e artigos de electrónica, chegando a levar botíns que nalgúns casos superaban amplamente os 30.000 euros. Froito da investigación do Grupo de UDEV-Roubos da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Vigo-Redondela, conseguiuse saber que esta organización tiña a súa base de operacións na Estrada, logrando deter ao máximo responsable da organización. O detido contaba cun gran número de antecedentes policiais anteriores, así como unha Prohibición de Entrada en espazo Schengen emitida por Hungría, e dúas Prohibicións de saída do Territorio Nacional. Toda a actuación pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 2 da Estrada, e comunicouse a Instrución 5 dos de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará