Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cultura traballa coa vista posta no outono e non descarta a celebración do Entroido de Verán

RR_Noticias

Suspendidas citas importantes no calendario como a Festa dos Maios, que este ano celebrarase de xeito virtual, ou a festa do Choco, tamén se da por perdida a celebración da festa da Coca. Non así o Entroido de Verán, unha celebración que dende o departamento de Cultura manteñen na data prevista, no penúltimo sábado de agosto “sempre e cando a situación sanitaria o permita”. Tamén se traballa nunha data alternativa para setembro, pero insiste o edil Daniel Boullosa “todo dependerá das autoridades sanitarias e da posibilidade de realizar eventos que coma este congregan milleiros de persoas “.

O programa para ese Entroido de verán está xa en marcha, o cal non quere dicir que a cita se vaia celebrar porque, como é obvio, todo dependerá das directrices que marquen as autoridades sanitarias e como evolucione a pandemia. Dende a Concellería de Cultura son optimistas, insisten en que non se están a programar actividades de cara aos meses de xuño e xullo, pero que si traballan co horizonte de poder recuperar unha programación cultural estable a partir do outono. A primeira das citas sería na primeira semana de setembro o xa posposto Festival Internacional de Títeres pero, unha vez máis, son previsións que non dependerán do Concello senón das autoridades sanitarias.  

Daniel Boullosa edil Cultura
Un entroido que ten data alternativa para setembro
Outono cultural
Confían en recuperar a programación no outono

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará