Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol sala galego da Terceira apoia maioritariamente o final da liga cun “play-off exprés”

RR_Noticias

A Federación propuxo nesta categoría de fútbol sala, igual que en fútbol 11, que se dea por rematada a temporada sen disputar as xornadas que faltaban antes do confinamento por mor da crise sanitaria do coronavirus. Os catro primeiros clasificados xogarían unha fase de ascenso “exprés” e no habería ningún descenso.

Fran Amoedo, adestrador do Pazos F.S., explica que “o 90% dos clubs galegos estamos conformes coa proposta”, tal como se tratou nunha xuntanza por videoconferencia que celebraron o pasado domingo. En todo caso, Amoedo advirte que debería establecerse un calendario cunha data límite para xogar esa fase “que non debería ir máis aló do 15 de xullo” para non prexudicar o inicio da próxima temporada. O feito de propoñer un ascenso e ningún descenso, deixaría a liga a próxima temporada con 19 ou 20 equipos, “o que supón un problema económico para os clubs” ao incrementarse os desprazamtos e os gastos. Hai propostas dalgúns equipos para facer dous grupos, de 10 equipos cada un “pero sería desvirtuar a competición” segundo apunta Amoedo. A falta de 9 xornadas para rematar a liga, os clasificados para disputar o ascenso serían Stellae, Lugo Sala, A Estada Futsal e Carballiño. O técnico de Pazos salientou “a boa disposición dos equipos” a traballar coa premisa de que “a saúde é o primeiro”, e sinalou que mesmo os equipos situados na parte alta da táboa estarían dispostos a renunciar a esa fase de ascenso “se non se garantiza a saúde de todos”. Entende o adestrador que tanto clubs como Federación Galega e Español “deben arrimar o ombreiro” e buscar a mellor solución para todos. Os grandes beneficiados desta proposta serían equipos xa case matematicamente descendidos como Beade e Vigo 2015, que manterían a categoría.

Fran Amoedo adestrador do Pazos F.S.
O fútbol sala galego da Terceira apoia maioritariamente o final da liga cun "play-off exprés".
A saúde o primeiro
O técnico de Pazos salienta "a boa disposición dos equipos" a traballar coa premisa de que "a saúde é o primeiro".
Unha liga con 20 equipos
O feito de propoñer un ascenso e ningún descenso deixaría a liga a próxima temporada con 19 ou 20 equipos "o que supón un problema económico para os clubs".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará