Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maios confinados ou como celebrar a primavera en tempos de coronavirus

RR_Noticias

A Concellería de Cultura anima á veciñanza a participar desta idea do colectivo Sinha Paca que busca non deixar de celebrar unha data tan significativa para todos os redondeláns como é o 1º de Maio. Un festivo que adoitaba congregar a centos de persoas na Alameda da vila para gozar desas estruturas vexetais coas que lle damos a benvida a primavera. Este ano o coronavirus obrigou a suspender a celebración, e nese escenario xurde a iniciativa de adaptar os Maios tradicionais “co que se poida facer na casa” e enviar as imaxes ao enderezo cultura@redondela.gal. Mantéñense as categorías de maios, coplas e interpretación. O prazo remata o martes 28 de abril.

A idea é que a xente participe dende as súas casas facendo maios adaptados, ben sexan maquetas, miniaturas ou mesmo figuras vexetais, aproveitando a recoller panpullos ou flores se os temos nas inmediacións dos nosos domicilios (sempre coas debidas medidas de seguridade sanitaria). Unha vez teñamos esa versión, enviar unha fotografía ao enderezo de cultura. Mantéñense tamén as categoría de coplas (un mínimo de seis), e interpretación. Neste caso convídase aos participantes a gravar un vídeo coa interpretación dalgunhas das  coplas relacionas co maio. O edil de cultura, Daniel Boullosa, animas a tirar de retranca como é habitual para elaborar estas coplas “maila que sabemos que case todas xirarán en torno ao coronavirus e a estas situación excepcional”. O prazo de presentación de propostas está aberto ata o 28 de abril, no enderezo cultura@redondela.gal. O material recibido subirase a páxina web do concello e os premios daranse a coñecer o propio 1 de maio, recibindo os galardoados lotes de libros e entradas para o teatro.  

Daniel Boullosa edil de Cultura
Unha proposta que nace no colectivo Sinha Paca
Que é un Maio confinado
O obxectivo é celebrar os maios na casa e enviar imaxes e vídeos ao Concello
Cancelación de actividades
Decisións que o edil cualifica de moi tristes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará