Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP rexeita as críticas do BNG pola xestión da Xunta no Centro de discapacitados de Chapela

RR_Noticias

O Deputado autonómico popular, Alberto Pazos, nega rotundamente unha xestión deficiente como aseguran dende o BNG xa que “dende o 21 de marzo se lle fixeron test aos usuarios con síntomas, e a partires do 27 estendéronse a todos os usuarios e traballadores”. Engade que todas as baixas foron cubertas e que o cadro de persoal reforzouse con 45 profesionais dos ámbitos sanitario e social.

O Deputado autonómico amosouse indignado polas críticas do BNG contra a xestión da Xunta no Centro de Discapacitados de Chapela. Acusa aos nacionalistas de “difundir un cúmulo de falsidades, imprecisións e bulos” algo que asegurou “forma parte do proceder habitual dun grupo obsesionado pola critica permanente ao Partido Popular”.
Alberto Pazos quixo deixar claro que “a Xunta estivo pendente do CAPD de Chapela en todo momento. As brigadas forestais da Consellería de Medio Rural desinfectaron o centro cada 3 días. E por suposto, facilitáronse aos traballadores os equipos de protección necesarios para atender aos usuarios”.
Sobre a falta de información á alcaldía que critica o BNG, explica Pazos que “se o voceiro nacionalista chamara a Xefatura Provincial antes de difundir falsidades, sabería que dende a Alcaldía non houbo ningunha solicitude de información nin ao CAPD, nin a Xefatura territorial, e que só existiron contactos telefónicos que se desenvolveron con total normalidade”.
Asegurou o deputado popular que “a transparencia está sendo absoluta, informando diariamente dos contaxios” e concluíu agradecendo “a labor de todos os que colaboraron a superar a complicada situación causada polo Covid19, e moi especialmente aos persoal do centro cuxo compromiso e entrega foi exemplar.”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará