Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello prevé poñer a disposición da veciñanza 50.000 máscaras cirúrxicas esta mesma semana

RR_Noticias

O Concello de Redondela ten realizado distintos pedidos de máscaras cirúrxicas homologadas que confían cheguen esta mesma semana e que se porán a disposición dos veciños e veciñas “buscando o procedemento máis apropiado segundo as normas de prevención e salubridade”.  A estas 50.000 unidades confían poder engadir outras 20.000 que xa foron solicitadas á Xunta de Galicia.

Explican dende o goberno local que nas últimas semanas xa se puxo a disposición das farmacias “máis de 3.000 máscaras homologadas para repartir entre a poboación máis vulnerable, ademais de por a disposición de autónomos e traballadores que están a desenvolver as súas actividades lotes de máis de mil máscaras co fin de que puideran exercer o seu traballo coas garantías sanitarias mínimas”.
Lembran que o obxectivo destas máscaras é protexer a cidadanía malia que a día de hoxe “en vixencia do estado de alarma, os veciños deben permanecer nas súas casas” polo que non toda a cidadanía precisa deste tipo de material de protección que “si está xa a disposición de todas aqueles que  o necesitan por motivos laborais, estado de vulnerabilidade e outras moitas situacións de necesidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará