Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educar en tempo de coronavirus: a Radio Municipal colabora co IES Mendiño emitindo contidos educativos

RR_Noticias

A Radio Municipal de Redondela convértese nestes días nunha ferramenta máis para facilitar aos docentes o seu traballo a distancia. Co obxecto de salvar a fenda dixital todo o que desexe poderá escoitar os podscats elaborados polo profesor de historia e director do IES Mendiño, José Antonio Martínez. Orientados principalmente ao alumnado de segundo de bacharelato que terá que enfrontarse ás probas Abau en Xullo, os audios son de interese para  calquera que queira saber máis do noso pasado. Todos so días de luns a venres ás 13:30 horas no 94.9.

“Facemos historia” é o nome do blog creado polo profesor de historia José Antonio Martínez co obxecto de poñer ao alcance do seu alumnado a historia universal “de xeito ameno e en pequenas doses”. Unha viaxe no tempo que fai un repaso por toda a materia que se imparte nas aulas de Historia de España de 2º de Bacharelato. A estes podcast podémonos achegar a través da rede pero tamén, a partir de agora, a través das ondas. Malia que na maior parte dos cursos non se avanza na materia e o alumnado só ten que repasar e reforzar os contido xa impartidos na clases antes do peche das aulas, o alumnado de 2º terá que enfrontarse ás probas Abau que se celebran no mes de xullo. Conscientes de que nalgúns fogares non hai acceso a internet, dende o Instituto Mendiño facilitan tamén que estes contidos se poidan seguir coa súa emisión a través da Radio Municipal de Redondela, no 94.9. O primeiro dos capítulos a emitir será este mércores baixo o título “O neolítico na Península Ibérica”.  

José Antonio Martínez Facemos historia
Unha iniciativa pensada para o alumnado que ten que prepararse para as probas Abau
Podcast
Uns audios que atopamos na rede e que podemos escoitar a través da radio municipal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará