Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos contará cun depósito de auga para a loita contra os incendios

RR_Noticias

Trátase dun punto de auga de alta capacidade para helicópteros na parroquia de Amoedo que sumado aos sete dispoñibles na provincia permitirán que as cadencias das descargas das aeronaves sexa menor a 5 minutos sobre unha lonxitude de 3,3 quilómetros, o que minimizará a expansión dos lumes. Os novos depósitos teñen un 40% máis de capacidade que os que até o momento se estaban a construír.

Coa ollada posta na época de alto risco de incendios forestais, a Xunta de Galicia está a construír e reformar diversos depósitos de auga de alta capacidade para medios aéreos na provincia de Pontevedra, entre eles o que se está a executar en Amoedo. O depósito contará cunha capacidade de 492,60 metros cúbicos de auga e está feito en formigón ao igual que os sete depósitos novos cos que conta a infraestrutura de loita contra o lume na provincia de Pontevedra e que permitirán que as cadencias das descargas dos helicópteros sexan menores a 5 minutos sobre unha lonxitude de 3,3 quilómetros, o que minimizará a propagación dos lumes.
Unha infraestrutura que xunto ao depósito que se está a construír en Chandebrito (Nigrán) contaron cun orzamento de 235.000 euros. A Consellería de Medio Rural fai fincapé na importancia destas infraestruturas na “defensa contra os incendios forestais, claves para minimizar os danos ocasionados e imprescindibles para garantir tamén a seguridade do persoal que traballa na extinción dos lumes”.
Na actualidade, Galicia conta con 5.538 puntos de auga operativos, dos cales 806 son aptos para os medios aéreos e os restantes son empregados por motobombas. Depósitos de auga que dispoñen dunha capacidade que oscila entre os 30 e os 492 metros cúbicos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp