Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As persoas en situación de alto risco poden solicitar máscaras de protección nas farmacias

RR_Noticias

O Concello de Redondela vén de distribuír, entre a totalidade de farmacias do municipio, máscaras homologadas de protección FFP1 destinadas ás persoas consideradas “de maior risco ao COVID-19 por padecer problemas respiratorios, cardíacos ou na franxa de idade de maiores de 70 anos”.

O Goberno redondelán, logo de manter reunións cos responsables de todas as farmacias do municipio, optou porque sexan estas as que distribúan ditas máscaras “ao considerar que as e os profesionais da farmacia son os máis cualificados para o seu reparto”. De feito, sinala a alcaldesa, Digna Rivas, “a gran maioría das farmacias tiñan xa un listado previo de persoas de risco, con diversas patoloxías, que estaban a espera destes elementos de protección que agora proporciona o Concello”.
Dende o Concello explican que non foi doada a adquisición deste material  polo que “a medida que se vaian facendo novas compras, ampliarase o seu ámbito de distribución en base tamén á  evolución da crise sanitaria do COVID-19 e seguindo as indicacións tanto da Xunta de Galicia como do Goberno da nación”.
Rivas agradeceu o interese amosado polas farmacias de Redondela e os seus profesionais, nesta iniciativa “conscientes da importancia que este reparto ten para as persoas máis vulnerables dende o aspecto sanitario”.
Unha distribución de máscaras que se suma á distribución realizada por Axentes da Policía Nacional e Local que repartiron un total de 300 máscaras de protección entre aquelas persoas que onte tiñan que saír á rúa por motivos laborais. No caso de Redondela o reparto fíxose nas zonas industriais de Vilar e Chapela. Nos próximos días tamén se dotará destas máscaras aos usuarios de transporte público nas liñas de Autos González.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará