Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BM Chapela segue activo nas redes e estrea unha nova app para dispositivos móbiles

RR_Noticias

Nestas semanas de confinamento forzoso o club de balonmán quere axudar aos xogadores e as súas familias a levar esta situación “da mellor maneira posible”. Xa que non poden estar en contacto no pavillón Manuel González Soto, fano a través das redes. Retos, mensaxes de ánimo e entrevistas son algúns dos contidos que están a colgar en internet e que pronto estarán dispoñibles nunha nova aplicación para dispositivos móbiles.

Alba Silva Martínez, xogadora do equipo sénior feminino, é a encargada das redes sociais do club. Explica que a iniciativa xurdiu nos primeiros días de confinamento, logo de poñerse en contacto coas familias, para animar aos nenos e nenas de club e facerlles este encerro “máis levadeiro”. Xa teñen posto en marcha varios retos virais, algúns máis doados e outros máis complexos. Todos se animan a participar, tanto os xogadores de diferentes categorías como a súas familias, e sempre con moi bo humor. Ademais dos retos, nas redes sociais do club tamén están a publicar entrevistas con xogadores e adestradores do club, que relatan como están a pasar estas semanas de corentena, e tamén aproveitan para lanzar mensaxes de ánimo ao resto da familia do BM Chapela. Mesmo se están a poñer en contacto con outros clubs de balonmán galegos, con entrevistas nas que os seus responsables contan como viven este crise sanitaria do coronavirus. Teucro ou Carballal son algúns dos que xa pasaron polas cámaras do BM Chapela. Todos estes videos está a publicalos club en Facebook, Instagram e Twitter. Tamén se actualiza a páxina web do club cos retos e entrevistas, e nos próximos días porán en funcionamento unha nova aplicación para teléfonos móbiles. Alba Silva explica que a próxima semana poderá descargarse da app store e todos os seguidores do club poderán ter no seu móbil as novidades do BM Chapela.

Alba Silva Martínez xogadora e encargada das redes sociais
Explica que a iniciativa xurdiu nos primeiros días de confinamento logo de poñerse en contacto coas familias para animar aos nenos e nenas do club.
Retos e entrevistas
Entrevistan a membros do BM Chapela e tamén doutros clubs de balonmán galegos.
Nova aplicación
Os videos están en Facebook Instagram e Twitter. Tamén se actualiza a páxina web do club e nos próximos días porán en funcionamento unha nova app para móbiles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará