Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As máscaras de protección fronte ao coronavirus chegan á lonxa de Cesantes

RR_Noticias

A remesa forma parte dun reparto que está a realizar a Xunta de Galicia e que distribuirá un total de 10.000 unidades destas máscaras nunha trintena de lonxas que manteñen a súa actividades a pesares da declaración do estado de alarma. Dende a Consellería non especifican cal será a cantidade que se achegará a cada un dos lugares aclarando que “o reparto realízase en base ao volume de actividade de cada lonxa e tendo en conta que se trata dun servizo público e esencial para o abastecemento de alimentos de calidade á cidadanía”.

A Xunta de Galicia vai distribuír nos próximos días 10.000 máscaras de protección fronte ao coronavirus entre as máis dunha trintena de lonxas asentadas nos peiraos dependentes da comunidade autónoma que manteñen a súa actividade a pesares da declaración do estado de alarma, entre elas a de Redondela. A Administración galega pretende contribuír con esta medida a que o persoal destas instalacións conte con mellores medios para desenvolver o seu labor en condicións de seguridade e previr así posibles contaxios da enfermidade.
Estes elementos de protección individual foron entregados polo Executivo galego ao Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, que está a preparar os distintos lotes e se encargará do seu envío a aquelas lonxas que manteñen a súa actividade co obxectivo de ofrecer alimentos de calidade á cidadanía e comercializar os produtos da frota galega, que segue a faenar ao estar incluída polo Goberno do Estado entre os sectores considerados esenciais.
As máscaras entregadas pola Xunta repartiranse nos próximos días entre as lonxas que están operativas a pesares do estado de alarma en función dos seus volumes de actividade. Esta achega de material de protección realízase agora na medida das disposicións e posibilidades e tendo en conta o carácter que as lonxas teñen como servicio público necesario para o subministro de produtos de alimentación de calidade á cidadanía.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará