Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A operación “limpeza de faiados” leva ao Concello a tramitar expedientes con multas de ata 1.500€

RR_Noticias

A concellería de Medio Ambiente fai un chamamento á cidadanía para que non deposite na vía pública restos voluminosos que dificultan os traballos de limpeza dos operarios do servizo de recollida. Un tipo de lixo que se ten multiplicado dende que arrancara o período de confinamento e que xa levou a este departamento a abrir varios expedientes sancionadores que levan aparellados multas que van dos 601 ao 1.500 euros.

Este encerro obrigado levou a moitos a realizar tarefas de limpeza que quizais levaban anos postergando. De feito, dende a Concellería constatan que nestas últimas semanas incrementouse notablemente o material voluminoso que está a ser depositados nas rúas. O edil de Medio Ambiente, Roberto Villar, lembra que neste período de confinamento mantéñense as mesmas normas que se aplicaban ata o de agora, polo que no caso de precisar desfacerse dalgún moble ou electrodoméstico é preciso poñerse en contacto coa empresa concesionaria da recollida do lixo, Urbaser, que se encargará de retiralos previa chamada ao teléfono 986 408034. No caso de depositar entullos, mobles, colchóns, madeiras ou calquera outro tipo de lixo voluminoso de xeito incontrolado poderán ser sancionados con multas que poden chegar ata os 1.500 euros. De feito, asegura Villar que están xa en marcha varios expedientes sancionadores que suporán importantes desembolsos económicos para os infractores. Entre outros puntos nos que se teñen detectado este tipo de comportamentos irresponsables apunta dúas rúas do centro urbano: a rúa Reveriano Soutullo e Espíritu Santo. O edil insiste en que o servizo de recollida mantense nas mesmas condicións nas que se viña desenvolvendo antes da crise e agradece o traballo que están a realizar os operarios de limpeza “que están traballando arreo de desenvolvendo un servizo exemplar”.  

Roberto Villar Medio Ambiente
O concelleiro lembra que hai sancións económicas para os que incumprar o regulamento e depositen lixo non autorizado na rúa
Casco vello
Rúas da zona vella son das máis afectadas
Traballadores exemplares
Os operarios da limpeza están traballando arreo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará