Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres nenos de tan só cinco anos premiados como grandes lectores infantís polas Bibliotecas

RR_Noticias

No Día Internacional do Libro Infantil, as Bibliotecas de Redondela realizan un recoñecemento especial aos lectores menores de 14 anos que máis utilizaron o servizo de préstamo no ano anterior. Malia que este ano os galardoados terán que esperar a superar este período de confinamento para recibir os seus agasallos non queren deixar pasar a oportunidade de felicitar a estes grandes lectores. Na biblioteca de Redondela son dous usuarios, uns irmáns xemelgos de nome Brais e Adrián. O nome do gañador de Chapela é David Fernández, todos eles de 5 anos de idade.

Desde 1967, o 2 de abril, o IBBY, Organización Internacional para o fomento da lectura infantil e xuvenil de calidade, celebra o Día Internacional do Libro Infantil  coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Nesta data búscase promocionar os bos libros infantís e a lectura entre os máis novos. Como acto complementario a estas celebracións, nas bibliotecas de Redondela dan a coñecer aos grandes lectores nfantís, que neste anos son tres nenos, todos eles de 5 anos de idade.
Ademais dende as Bibliotecas están a celebrar esta xornada tan especial con diferentes mensaxes nas súas redes sociais onde podemos atopar un vídeo coa mensaxe escrita polo escritor esloveno Peter Svetina “Fame de palabras” na voz do produtor teatral Xandre Vázquez.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará