Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O endurecemento do estado de alarma paraliza as obras de rehabilitación do cemiterio dos Eidos

RR_Noticias

A totalidade das empresas adxudicatarias das obras públicas de Redondela cesaron na súa actividade. Así o confirman dende o equipo de Goberno que supervisou a medida e salientou o “alto grao de responsabilidade da veciñanza que cumpre coas normas de confinamento”. Entre as obras paralizadas atópase a actuación que ata esta fin de semana se estaba a realizar no cemiterio dos Eidos.

As empresas que realizaban obras para Concello paralizaron xa veñen de paralizaron xa a súa actividade para dar cumprimento ao decreto que establece a paralización dos servizos non esenciais. A suspensión das obras foi precedida pola retirada da maquinaria e o valado das zonas de traballo.
A alcaldesa Digna Rivas quixo, en nome do Equipo de Goberno, agradecer “a colaboración da enorme maioría das persoas que respectan as normas de confinamento”, unha situación “que non é doada, pero que veciños e veciñas cumpren con enormes doses de solidariedade e responsabilidade”.
Entre as obras que se atopan en estado de suspensión están as de rehabilitación e recuperación do cemiterio de Eidos, un lugar de enorme valor tanto histórico coma patrimonial, e que está sendo obxecto de traballos que seguen “rigorosamente” os criterios marcados por Patrimonio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará