Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior pide unha intevención conxunta en defensa de autónomos e mariscadores

RR_Noticias

Propoñen que o Concello se dirixa á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado para que atendan ás reivindicacións de dous colectivos que son “motores económicos estratéxicos” de Soutomaior como son os autónomos e os mariscadores para demandar axudas concretas.

O portavoz do BNG, Manu Lourenzo, propuxo que o Concello de Soutomaior dirixa sendos escritos á Consellaría do mar e ao goberno do estado, asinado polos portavoces da corporación “para que deixen de marear a perdiz botándose as culpas uns a outros” e adopten as medidas que precisan o no sector do mar. Lourenzo sinalou que viven unha situación “límite” ao verse obrigados a traballar para extraer un produto que, coa hostalaría pechada, “non ten saída” ou os prezos de mercado son tan baixos “que non permiten sequera cubrir gastos”. En Soutomaior hai máis de 200 familias afectadas. Neste sentido, tanto a Consellería do Mar como a Federación Galega de Confrarías de Pescadores mantiveron unha reunión por videoconferencia para coordinar a resposta do sector fronte á crise do coronavirus. Pídenlle ao Goberno que aclare se a actividade marisqueira é esencial e que simplifique o acceso ás medidas compensatorias. Cren que isto é funtamental no sector, ante a caída da facturación por riba do 96%.
Axudas a autónomos
Por outra banda o grupo nacionalista demanda tamén que o Concello envíe un comunicado conxunto en defensa dos autónomos e pemes á Xunta e ao Goberno do Estado. Trátase esixir á Xunta e ao Estado que asuman medidas en defensa do autónomos. Demandan a supresión da cota de autónomos durante un período inicial de 3 meses, eliminar o pago do alugueiro ou das cotas da hipoteca durante o período non traballado e aplicar unha quita do 50% nos tres meses seguinte, atrasar os pagos do IVE e do imposto de sociedades, ou unha axuda directa de 2.000 euros compatible con axudas doutras admistraciós.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará