Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un policía municipal xubilado, primeira vítima do coronavirus en Redondela

RR_Noticias

Un veciño de Cesantes e policía local retirado vén de converterse na primeira vítima mortal do coronavirus en Redondela. O propio corpo policial lamentaba a triste noticia a través do seu facebook, onde comunicaba as “malas noticias” e trasladaba as súas condolencias a familia. O falecido é un home de máis de 70 anos e que presentaba patoloxías previas.

“Trátase do noso compañeiro xubilado José Manuel Montans González”, engadían na súa mensaxe dende o servizo da Policía Local e concluían trasladando “as nosas condolencias a Chelo e familia”, unhas condolencias ás que se sumaba a propia alcaldesa, Digna Rivas e o responsable da Policía, Leonardo Cabaleiro así como outros moitos vecinos e veciñas.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará