Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos intensifica a desinfección do centro da terceira idade e de saúde

RR_Noticias

O Concello recoñece que estes son os dous puntos máis sensibles do municipio e por iso estes días un retén do exército e empresas especializadas intensificaron os labores de limpeza e desinfección das súas instalacións. Traballos que dende o 18 de marzo se están a facer noutras zonas de maior afluencia de público como as farmacias e as tendas de alimentación. O obxectivo, manterse como até o momento, con cero contaxiados por coronavirus.

Operarios municipais e traballadores dunha empresa especializada están a realizar desde o 18 de marzo diversas tarefas de desinfección no concello de Pazos de Borbén. A prioridade céntrase nos lugares de maior afluencia de público do municipio e puntos sensibles como o centro da terceira idade de Amoedo e o centro de saúde.
Para garantir unha protección adecuada, os traballos de desinfección están dirixidos polos técnicos dunha empresa especializada en desinfección mentres que os traballadores municipais realizan tarefas de apoio seguindo as súas instrucións. Os labores de desinfección realízanse diariamente nas zonas onde hai máis paso de persoas como a contorna do centro de saúde, a farmacia, o estanco, a gasolineira e o caixeiro automático de Moscoso.
Pero a atención do concello está posta en dous puntos especialmente sensibles como o centro de saúde, onde nas pasadas xornadas unha empresa especializada en desinfección está a traballar no interior das súas instalacións. Non só chan e paredes senón tamén en todos os elementos sensibles que teñen contacto cos usuarios como os pomos das portas, os asentos das salas de espera ou a recepción do centro.
Tamén se está a facer especial incidencia no centro da terceira idade, onde a través da Xunta de Galicia, un retén de militares traballou nunha desinfección intensiva do seu interior. O alcalde de Pazos, Andrés Iglesias, explica que “a prioridade é protexer o máximo posible a saúde de todos os nosos veciños e para iso realizarán todas as tarefas de desinfección que sexan necesarias para garantir que seguimos como até agora, sen ningún caso confirmado de COVID-19 no noso municipio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará