Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta desinfecta as instalacións do CAPD de Chapela tras detectarse un positivo en coronavirus

RR_Noticias

O servizo de prevención de defensa conta incendios procedeu a desinfectar na xornada de onte o exterior do edificio e hoxe procedeuse a limpeza interior. Unha medida que chega logo de detectarse un positivo en COvid-19 e que fora demandada tanto dende o propio cadro de persoal como dende a alcaldía de Redondela. Nestes intres, das 120 prazas que ten o centro, hai seis residentes que se atopan illados por precaución, ademais da persoa que deu positivo.

Tras detectarse un positivo en COVID-19, a Xunta activou todas as medidas de prevención fronte ao virus, realizando as probas necesarias e dotando ao persoal administrativo e sanitario de materiais e equipos de protección individual.
O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, a instancias da Xunta de Galicia, comezou onte a desinfección dos exteriores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela, no marco do operativo activado a nivel galego nas residencias de maiores, persoas con discapacidade e centros de saúde de 200 concellos galegos. Hoxe mesmo unha empresa contratada pola Xunta de Galicia procedeu tamén a realizar a limpeza do interior. 
Explican dende a Xunta que “no CAPD de Redondela seguíronse os protocolos establecidos, despois da detección dun positivo de COVID-19 nunha das persoas residentes. Activáronse todas as medidas de resposta contra o virus e realizáronse as probas necesarias nos casos que indican os profesionais de Medicina Preventiva. O persoal do centro está traballando con tranquilidade, profesionalidade e gran dedicación”.
O centro conta con equipos de protección individual (EPIs), unha dotación que se reforzou este martes co envío, desde a Delegación Territorial da Xunta en Vigo de batas de protección e máscaras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará