Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo anima a realizar obras con material de refugallo neste tempo de confinamento

RR_Noticias

Os organizadores do Artelixo non se renden ante o coronavirus. Malia seren conscientes de que a situación podería obrigar a adiar as datas do festival, cuxa celebración está prevista do 19 ao 30 de abril, continúan adiante co programa que inclúe a presentación do CD do Artelixo, diferentes obradoiros para os cativos e actividades especiais nas parroquias con especial atención este ano a Reboreda, onde está previsto celebrar a inauguración. Con todo, a actividade principal é a exposición de todas as obras que con material de refugallo elaboren veciños e veciñas e que se espallarán por rúas, prazas e escaparates comerciais.

“Hai que aproveitar este tempo de confinamento para crear”. Así nos animan a participar no Artelixo deste ano os seus organizadores. Entenden que esta situación excepcional é un bo momento para empregar eses residuos que producimos nas nosas casas, e que previsiblemente neste período está sendo aínda máis, para elaborar obras que logo formarán parte dese museo ao aire libre no que Redondela se converte durante o festival. Polo de agora, e a espera de ver como evoluciona a pandemia, o único cambio que fixeron foi ampliar o prazo de presentación de traballos “os que desexen participar poden facelo enviando as súas ideas e proxectos ao enderezo artelixoredondela@gmail.com. Son conscientes de que poderían ter que realizar cambios na programación “pero non falamos de suspender, en todo caso, optariamos por adiar as actividades”. Un programa que inclúe como gran novidade desta edición a presentación do CD do Artelixo, un disco no que participaron máis de 30 formacións “artistas locais pero tamén redondeláns de adopción que non quixeron perder a oportunidade de achegar o seu gran de area a este disco de marcada conciencia medioambiental”. A súa presentación consistirá nun gran concerto “ou varios” nos que poderemos escoitar música de todos os estilos, rock, jazz, hip hop, blues… a data, como o resto, aínda no aire e pendente da actual crise sanitaria.  

Olga Nogueira Artelixo
Adiar pero non cancelar
Pedro Pérez CD
Un concerto ou varios para presentalo
Inauguración en Reboreda
Todo pendente da evolución do coronavirus

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará