Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco anima a xogadores e seareiros a seguir en contacto a través das redes

RR_Noticias

Suspendidos os adestramentos e partidos en todas as categorías por mor da alerta sanitaria do coronavirus, no C.D. Choco tiran de imaxinación para seguir en contacto coa súa afección. Ante a imposibilidade de reunirse fisicamente, as redes sociais do club están a servir de canle para que xogadores, técnicos, directivos e seareiros se atopen “virtualmente”.

Toda a familia choqueira está a participar con videos no Facebook do club, recomendando a toda a cidadanía a quedar na casa, respectando as indicacións das autoridades. E este tempo de confinamento están a aproveitalo para lanzar mensaxes de ánimo, solidariedade, e tamén “retos”. Os xogadorores do C.D. Choco sumáronse ao movemento que cirula polas redes e que consiste en dar “toques” a un rolo de papel hixiénico, e ao que se teñen sumado futbolistas de diferentes clubs e de todas as categorías. Mentres, os xogadores están a seguir un plan de adestramento nos seus domicilios, e tamén seguen unha dieta específica co obxectivo de “manterse en forma e non coller peso”. Esta situación anómala trastoca toda a planificación do club para a temporada, ao verse suspendida tanto a competición oficial e os adestramentos como outros eventos que preparaba o club. É o caso do torneo de Semana Santa, que xa foi cancelado, segundo explica Olaia González, responsable de comunicación do C.D. Choco. Futuro da temporada No club están pendentes do que decida a Federación de Fútbol en canto á continuidade da competición. Hai varias opcións, desde continuar coa temporada cando remate o estado de alarma, ata dar por rematada a liga na situación na que cada equipo estaba cando se paralizou a competición, entre outras. En todo caso, “todo dependerá do tempo que dure esta situación” segundo González, que ve “aventurado” adoptar decisións antes de que se recupere a normalidade. Actualmente o CD. Choco, a falta de 11 xornadas por disputarse, é 5º na táboa, a 4 puntos do Barco, que marca os posos para a promoción de ascenso.

Olaia González responsable de comunicación do C.D. Choco.
Esta situación anómala trastoca toda a planificación do club para a temporada ao verse suspendida tanto a competición oficial e os adestramentos como outros eventos que preparaba o club.
O club nas redes sociais
Alberto Suárez Sergio Aitor Vitra Cortegoso Gonza e Iván o presidente son algúns dos membros do club que lanzan mensaxes nas redes.
Futuro da temporada
No club están pendentes do que decida a Federación de Fútbol en canto á continuidade da competición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará