Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Autoridade Portuaria impide o acceso aos técnicos para valorar o estado do cargadoiro Coto Wagner

RR_Noticias

O Porto, tras o requirimento do Concello, concedera autorización en novembro do 2019 para acceder ás instalacións e valorar o seu estado real. Sen embargo, os técnicos desprazados ata as instalacións, non puideron realizar o seu traballo ao non poder acceder ao cargadoiro xa que, segundo a Autoridade Portuaria “considérase que está en mal estado a estes efectos” polo que “tan só puideron miralo dende a explanada, o que non permite comprobar o seu estado real”.

O equipo de goberno denuncia a actitude “pouco clara” da Autoridade Portuaria de Vigo logo de impedir que os técnicos designados polo Concello redondelán puideran acceder ao cargadoiro de mineral de Coto Wagner para comprobar in situ o estado desta instalación que “forma parte do patrimonio industrial do municipio”.
Malia que os técnicos contaban cunha autorización concedida pola propia Autoridade Portuaria, cando o pasado 10 de marzo se achegaron ao cargadoiro se lles impediu o acceso.
Digna Rivas adiantou que, por parte do Concello, “solicitouse xa unha nova data para que, coa maior brevidade posible, os técnicos poidan avaliar o estado desta instalación”. A alcaldesa de Redondela asegura que, de impedirse novamente o acceso, “poderíase pensar que existe algún motivo, máis aló da seguridade, polo que á Autoridade Portuaria de Vigo non lle interese que se coñeza o estado real do cargadoiro”.
Lembra finalmente, Digna Rivas, que o cargadoiro de Coto Wagner “forma parte do patrimonio industrial de Redondela, e polo tanto da súa propia historia” e, nesa liña, “é un ben que é preciso conservar e recuperar”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará