Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atl. Vilar, suma e segue pola permanencia

RR_Noticias

O conxunto de Jorge Iglesias suma seis xornadas consecutivas sen perder, logo do empate do pasado domingo ante o Matamá. No posto 12º da liga, camiña con paso firme cara o obxectivo da permanencia. A salvación está cara esta temporada, na que se prevén un mínimo de cinco descensos polos arrastres de categorías superiores.

Na pasada xornada o equipo de Jorge Iglesias colleitou un empate nun partido sen goles ante o Matamá. Un punto importante para seguir sumando de cara ao obxectivo da permanencia, e xa suman seis xornadas consecutivas sen perder. E non é doado, nunha liga que está a ser moi competitiva, como xa prevía desde o comezo da competición o adestrador. Iglesias Anido sinala que hai “moito nivel” para ser unha liga de segunda rexional, con equipos “moi fortes, con orzamentos altos e que se están a reforzar”. O arrastres de categorías superiores fan máis cara a permanencia. Actualmente, tal e como está a situación na Terceira División, a Preferente e a Primeira Galega, son 5 os equipos do grupo que baixarían a Terceira Galega. O Atl.Vilar, na 12º posición da táboa, está en postos de permanencia, pero hai moitos equipos na pelexa. Seguir sumando cada semana é “vital” para acadar o obxectivo. Xinzo-Atl.Vilar Na próxima xornada visitan o campo do Xinzo, un dos equipos xa practicamente descendido. Pero iso non garante un partido doado, nin moito menos. Ademais o equipo de Vilar terá que adaptarse a un campo de herba natural. A cita será o domingo ás 17.00 horas en Ponteareas, no Eido Dalbo.

Jorge Iglesias adestrador
Iglesias Anido sinala que hai "moito nivel" para ser unha liga de segunda rexional con equipos "moi fortes con orzamentos altos e que se están a reforzar"
Camiño á permanencia
O Atl.Vilar na 12º posición da táboa está en postos de permanencia pero hai moitos equipos na pelexa.
Xinzo-Atl.Vilar
O domingo visitan o campo do Xinzo un dos equipos xa practicamente descendido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará